Xornadas informativas sobre a produción e a xestión de Buques e Embarcacións Fora de Vida Útil
Coa finalidade de mellorar a información e formación dos axentes implicados na produción e xestión de Buques e Embarcacións Fora de Vida Útil (BEFV), desde a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, e seguindo as directrices do Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA 2016-2022), están a organizarse varias xornadas en distintas localidades en horario de mañá (10:00-12:00):
02 de maio: A Coruña
03 de maio: Ferrol
06 de maio: Marín
09 de maio: Vigo
15 de maio: Burela
Os contidos e temática a desenvolver responderán ás seguintes cuestións a abordar, entre outras: a problemática actual da xestión dos buques e embarcacións fóra de vida útil (BEFV), as autorizacións necesarias para o despezamento de BEFV e as implicacións do Regulamento nº1257/2013.
Máis informacion no enlace